Web Temática

Información sobre os distintos microsites englobados dentro do portal web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde

Logo Plan calidad

O principal obxectivo do Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde é dar resposta aos retos que ten formulados o Sistema Nacional de Saúde, incrementando a cohesión do sistema; garantindo a equidade na atención sanitaria aos cidadáns, con independencia do lugar no que residan; e asegurando que esta atención sexa da máxima calidade. Estrutúrase en 6 grandes áreas de actuación.

Alcohol e Xuventude

Logo alcohol

Esta páxina ofréceche información clave sobre os efectos do consumo de alcohol na xente moza. Poderedes autoexplorar o voso consumo e identificar situacións e condutas que poidan ser prexudiciais.

Encontraredes estudos, documentos clave, lexislación e políticas de alcohol que facilitarán o voso traballo.

Uso responsable de antibióticos Se abrirá en una ventana nueva

Logo antibioticos

Campaña informativa do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para o uso responsable dos antibióticos.

CEAPAT Se abrirá en una ventana nueva

Logo Ceapat

Portal Web do Centro de Referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (Ceapat), centro tecnolóxico dependente do IMSERSO, Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, creado mediante Orde ministerial de 7 de abril de 1989.

SID Se abrirá en una ventana nueva

Logo SID

O Servizo de Información sobre Discapacidade, SID, é un portal temático en Internet con información sobre discapacidade. Configúrase como unha rede pública posta en funcionamento conxuntamente polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Instituto de Maiores e Servizos Sociais-IMSERSO) e a Universidade de Salamanca (Instituto Universitario de Integración na Comunidade-INICO).

Espazo Maiores Se abrirá en una ventana nueva

Logo Mayores

Servizo web do Imserso de acceso libre especializado na difusión de información e documentación sobre persoas maiores e servizos sociais no marco das administracións públicas.

2013 Ano Español das Enfermidades Raras Se abrirá en una ventana nueva

Logo aeer

Iniciativa cuxo obxectivo é achegar os cidadáns ao coñecemento das patoloxías consideradas como pouco frecuentes, para "establecer lazos de axuda mutua máis intensos" e, ademais, espertar o interese de novos investigadores, profesionais sanitarios e da industria, e así continuar avanzando no coñecemento e tratamento destas doenzas.

Asistencia Sanitaria Transfronteiriza UE

Logo PNC

Sabíao? Ten dereito a recibir tratamento médico noutro Estado membro da UE e a que o seu país de orixe cubra total ou parcialmente os custos. Ten dereito a recibir información sobre as súas opcións de tratamento e a saber como outros países da UE garanten a calidade e a seguridade da asistencia sanitaria, ou se un determinado profesional sanitario ten capacidade legal de ofrecer os seus servizos.

Rede de Escolas de Saúde para a Cidadanía Se abrirá en una ventana nueva

Logo Red Escuelas

O web Rede de Escolas nace para ser referencia dos pacientes, familiares e coidadores no Sistema Nacional de Saúde, con independencia do lugar de residencia, a súa idade e tendo en consideración os seus coñecementos e as súas preferencias.

Estratexia Promoción da Saúde e Prevención no SNS. O benestar emocional está moi ligado á saúde. A información, que se presenta nesta páxina web, ofrece á poboación ferramentas para aprender a manexar mellor as súas emocións, controlar o estrés e mellorar o seu estilo de vida.

Benestar Emocional. Web de Estilo de Vida Se abrirá en una ventana nueva

Logo Emocional

Estratexia Promoción da Saúde e Prevención no SNS. O benestar emocional está moi ligado á saúde. A información, que se presenta nesta páxina web, ofrece á poboación ferramentas para aprender a manexar mellor as súas emocións, controlar o estrés e mellorar o seu estilo de vida.

Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS Se abrirá en una ventana nueva

Logo red agencias

A Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías sanitarias e Prestacións do SNS créase co fin de promover a calidade, eficiencia e sustentabilidade en avaliación de tecnoloxías sanitarias no SNS. Esta páxina web facilita o acceso a informes de avaliación de tecnoloxías sanitarias, guías de práctica clínica e outros produtos baseados na evidencia.

Estilos de vida saudable Se abrirá en una ventana nueva

Logo estilos de vida saludable

Accións da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde. A súa finalidade é proporcionar información útil e de calidade, axustada ás diferentes necesidades da cidadanía: Recomendacións, ferramentas interactivas, vídeos e outros materiais e recursos de utilidade para facer máis saudables os nosos estilos de vida.